Formación en liña de 30 horas de duración de Grupo CYBENTIA, onde l@s alumn@s aprenderán con seis módulos audiovisuais exclusivos, complementados con titorías personalizadas, documentación crave e material adicional, profundando nos riscos, requisitos normativos e boas prácticas de ciberseguridade aplicadas aos vehículos eléctricos de diferentes categorías e as súas infraestruturas.
Dita actuación realizase no marco do proxecto denominado “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” – “Proxecto RETECH CCAA”, financiado ao 75% polo INCIBE con cargo en fondos NextGenerationEU provenientes do mecanismo MRR e 25% fondos con fondos propios da Comunidade Autónoma.
Obxectivos:
Coñecer a tecnoloxía e dispositivos que fan diferentes aos vehículos eléctricos.
Aprender os aspectos normativos relacionados coa ciberseguridade en vehículos eléctricos.
Comprender os riscos de ciberseguridade que afectan os vehículos eléctricos.
Afondar nas mitigacións para evitar ataques contra as infraestruturas de carga.
Equipo docente especializado en ciberseguridade aplicada á automoción e a mobilidade, cunha ampla traxectoria combinada en investigación, avaliación tecnolóxica, operacións, comunicación e dirección de proxectos.
O profesorado –EUROCYBCAR – acumula unha extensa experiencia no desenvolvemento e implementación de metodoloxías de avaliación de ciberseguridade baseadas na Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155, investigación de ciberataques no ecosistema da mobilidade, apoio na xeración de estándares creados por organismos internacionais e liderado de iniciativas de innovación. A súa participación en proxectos estratéxicos, tanto no ámbito civil como institucional, garante un enfoque práctico e aliñado coas necesidades reais do sector da mobilidade.




















